O pasado sábado 8 de novembro ás 21h a Asociación Santa Apolonia de Guimarei reinaugurou definitivamente o remozado local social do Outeiro despois de case un ano de obras tralos destrozos ocasionados por un temporal na noiteboa de 2013. Ao acto asistiron numerosos veciños e representantes do Concello da Estrada. Consistiu nunha cea de magosto con diversos manxares da época e contaron coa animación dunha agrupación de música tradicional. A asociación veciñal de Guimarei quixo agradecer a veciños, empresas e institucións polas axudas prestadas para facer realidade a recuperación da edificación. Actualmente estanse a desenvolver dous cursos e as actividades normais da veciñanza así como os ensaios da compañía de teatro amador Disfunción Continua.
Imaxes da AA.VV. Santa Apolonia de Guimarei e arquivo do Portal de Noticias
|
Aspecto exterior actual do local do Outeiro de Guimarei. |
|
Un momento da festa. |
|
Imaxe do local tralo temporal en decembro de 2013. |
|
Os veciños gozaron de música tradicional e distintos manxares. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario