A parroquia estradense de Callobre acolle este sábado 10 de xaneiro a segunda edición das "Noites de Raíz", unha proposta de foliada de inverno que programan cada segundo sábado de mes. A cita é á noite, na vella escola e contarán con dous grupos que ofrecerán un concerto, trátase dos cruceños Sons da Mina e os locais Os Ke Hai. A idea é que estas formacións "rompan o xeo" para a seguir acoller unha foliada improvisada e participativa. Para iso a organización anuncia que hai espazo suficiente para bailar e servizo de bar con comida para repoñer forzas. Esta é a segunda edición, logo de que en decembro inauguraran estes seráns Os Sin Sons, Retrouso e Recanto.
Fotos: Folk de Raíz
 |
Recanto na primeira edición. |
 |
Retrouso na primeira edición. |
 |
cartel da foliada. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario