A máis grave foi a perda da monumental sobreira de Arnois, máis popularmente coñecida como a Sobreira de Balboa. Os seus case 10 metros de circunferencia e 16 de altura facíana unha das árbores máis senlleiras da contorna e estaba declarada como monumental tamén pola súa antigüidade xa que rondaba os 500 anos. Mentres se chora esta perda, a Estrada atesoura outras cinco árbores declaradas monumentais que están en Callobre, Orazo (Outeiro e igrexa), Arca e Arnois. O vento tamén derrubou decenas de árbores que imposibilitaron o paso por estradas de distintas parroquias e a auga anegou camiños e accesos a algunhas vivendas, obrigando á intervención dos servizos de emerxencias en numerosas parroquias. O entramado urbano da Estrada tamén sufriu a furia do vento, guindando restos construtivos de distintas edificacións e obrigando a pechar as piscinas municipais e acordoar predios na Praza de Galicia, Praza do Mercado ou zona deportiva. Os ríos medraron cuantiosamente, deixando estampas coma estas do Ulla ao seu paso por Couso, lugar no que pararon nestes días numerosos automobilistas á altura de Pontevea para fotografar a magnitude das augas baixo a ponte de orixe romana.
26 de decembro de 2019
A Fervenza de Ouzande reune unha vintena de persoas na súa tradicional Ruta de Nadal:::
O pasado mércores 25 de decembro, día de Nadal, A Fervenza de Ouzande foi fiel á súa cita cos montes de Ouzande e A Somoza, dándolle vida aos inundados camiños destas dúas parroquias estradenses. A marcha arrancou ás 10.15h diante da igrexa románica desta parroquia e desde onde partiu o paseo de 9km polos lugares máis salientables destas dúas freguesías da Estrada. As distintas "dificultades" que se foron encontrando os sendeiristas por causa das intensas chuvias dos últimos meses fixeron máis interesante a camiñada pois implicou agudizar o enxeño para poder atravesar ante árbores caídas ou camiños anegados. O público deleitouse coas fermosas carballeiras en inverno, cos Muíños da Fervenza de Ouzande ou co Rego das Rans, lugar enigmático onde nace o regueiro de Ouzande. A Fervenza ouzandesa bifurcada a causa do grande caudal tamén se fixo foco das cámaras de fotos pola fermosura non só da natureza, senón polo día de sol e de temperaturas case primaverais. Durante o percorrido, socios desta asociación, foron guiando aos visitantes pola historia do propio monte ou da recuperación que A Fervenza tén feito do entorno dos muíños así coma dos seus accesos, recordando que todos os veráns e de xeito altruísta, un grupo de socios se reúne con fouciños e desbrozadoras para limpar este paraíso cercano.
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
deporte,
Ouzande
Festa fin de ano da Escola de Música Tradicional de Ouzande:::
Profesorado e alumnado da Escola de Música Tradicional da Fervenza de Ouzande despediron o ano cunha cea de Nadal o pasado 13 de decembro no Restaurante O Xarro. Como xa vén sendo tradicional, a boa mesa e a mellor sobremesa estivo regada por boa música e mellor baile. As clases de pandeireta, baile, gaita, percusión, voz... reunen cada sábado no local social de Ouzande a centos de persoas desexosas de aprender máis das súas especialidades e xa xeraron, sen ser o seu obxectivo inicial, dous grupos de música; Retrouso e Recanto.
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
música,
Ouzande
A FERVENZA DE OUZANDE DESPIDE O OUTONO CUN OBRADOIRO DE XABÓNS:::
Xabóns feitos na casa, coma se vén facendo desde tempos inmemoriais. Así, cunha volta á orixe, despide A Fervenza de Ouzande este outono de actividades na parroquia estradense. A filosofía é a mesma que outros obradoiros que teñen realizado nas últimas tempadas, coma de cosméticos ou perfumes con herbas naturais e procesos respectuosos co medio. Montse Fernández Búa foi a mestra, especialista nestas lides e propietaria de Casa Xorxeira, un negocio ubicado na Praza de Abastos da Estrada e que non deixa de sorprender co seu bo facer sobre elementos de reutilización ou da propia natureza que sabe manexar para dotalos de novas utilidades sen contaminar, ao xeito tradicional. Desta volta a Asociación ouzandesa pediu aos asistentes que levasen materias tan simples como 2 litros de aceite usado, un balde, unha caixa de cartón ou unha batedora doméstica. Todo isto foi o pasado 14 de decembro no local social da parroquia en horario de tarde (17.30h)
17 de setembro de 2019
OUZANDE celebra o incio das clases de música tradicional cun concerto de Invernía...
Será este sábado día 21 de setembro ás 21.30h no Campo da Festa de Ouzande e con el darán o pistoletazo de saída ás múltiples disciplinas musicais que cada sábado reúnen a centos de persoas neste mesmo lugar para aprender desde a bailar puntos de xota ou muñeira ata a converter o aire en música de gaita.
Nesta velada han informar dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. As clases comezarán o PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE OUTUBRO. A presentación terá como colofón a actuación da Banda de Gaitas INVERNÍA, da que forman parte os músicos do grupo Retrouso da Fervenza de Ouzande.
Invernía vén de actuar no Festival Intercéltico de Lorient, en representación de Galicia. A súa participación vén de colleitar un importante éxito e moi boas críticas. A Banda está formada, ademais dos músicos ouzandeses, por outros das agrupacións: Gaiteiros de Buxantes (Dumbría), Pana Raiada (Compostela) e Sonche Lerias (Vedra). Ao remate do concerto continuarase cunha foliada na que participaran os músicos e alumnos das diferentes clases. Haberá un posto con servizo de bar, bocadillos e empanada para os asistentes. O campo estará cuberto. As persoas interesadas poden informarse ou matricularse en: carreirosouzande@gmail.com facebook.com/afervenza.deouzande
![]() |
| cartel da actividade |
![]() |
| Invernía actuando con Susana Seivane en marzo deste ano. |
![]() |
| Invernía no Festival Intercéltico de Lorient |
![]() |
| cartel das clases de música tradicional d´A Fervenza de Ouzande. |
Etiquetas:
a fervenza de ouzande,
festa,
Ouzande
6 de setembro de 2019
Fin de semana festivo en Ouzande:::
Ouzande despide esta fin de semana a tempada festiva de verán coa romaría do Socorro, desde o xoves 29 de agosto estanse celebrando os actos festivos da novena á Virxe do Socorro e hoxe comeza a festa co grupo Kyoto, mañá misa ás 13.15h e sesión vermú con Orquídea, pola noite esta formación únese a Trío Savoy para amenizar a verbena. Xa no domingo, día grande das festas coa misa ás 13.15h e trala procesión poxa das ofrendas á Virxe. A seguir concerto da Banda de Música Municipal da Estrada que durante a mañá estará facendo pasarrúas pola parroquia.
![]() |
| charanga BB+ |
![]() |
| Grupo Foliada nas festas de agosto |
![]() |
| sesión vermouth nas festas patronais de agosto |
Etiquetas:
cchara,
festas,
Ouzande,
xunta parroquial
8 de agosto de 2019
Ouzande desafía á chuvia e celebra esta fin de semana as festas patronais:::
Desde o venres 9 ao domingo 11 de agosto Ouzande está de festa, trátase dos tradicionais festexos na honra do patrón, San Lourenzo, así como ao Santísimo Sacramento. O venres está prevista a actuación da orquesta FOLIADA da Coruña. O sábado os actos relixiosos na honra de San Lourenzo son ás 13.15h e a continuación procesión co grupo OS XUNCOS e sesión vermú amenizada polo grupo DISEÑO, quen tamén amenizará a sesión verbena a partir das 22h. Xa para rematar, o domingo a misa será a mesma hora, pero dedicada ao Santísimo Sacramento. A animación correrá a cargo da charanga BB+ que fará pasarrúas pola parroquia e que amenizará a sesión vermú.
Ouzande despide o domingo as festas ata a fin de semana do 6, 7 e 8 de setembro que se celebrará a Romaría do Socorro.
imaxes de arquivo, festas de anos anteriores
![]() |
| noite de festa en Ouzande |
| procesión Santísimo Sacramento |
![]() |
| imaxe de San Lourenzo, patrón da parroquia, na procesión do Socorro. |
Etiquetas:
festas,
Ouzande,
xunta parroquial
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























