|
Cartel da obra |
A Compañía de teatro amador estradense Disfunción Continua actuará este domingo 16 ás 18h no Edificio Social de Luou (Teo) Esta función enmárcase dentro do XVII mes do teatro que organiza a Asociación Cultural A Mámoa de Luou. As actividades da presente edición comezaron o pasado domingo cun obradoiro de teatro e rematarán o día 23 cunha función de Chévere. A entrada é de balde.
A obra que representarán os estradenses é Eran outros tempos, ou non?, unha comedia na que cinco mulleres se reúnen diante do público para recordar algúns dos
episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous
planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957
nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de
matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía
doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As
alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos
mestres, fan unha visita escolar á emisora local e mesmo reciben a
visita do inspector.
|
Un momento da representación. |
|
Cinco mulleres recordan os seus tempos nunha escola de nenas. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario