A pasada fin de semana a comarca viviu unha situación climática normal e propia do inverno. Aínda así foi motivo de moitas conversas polo feito de que a néboa tardou máis do habitual en disiparse, deixando a zona baixo a néboa todo o sábado e parte do domingo. O que pasou explícanolo Carlos F. Balseiro de 4gotas. Tratouse dunha fenómeno coñecido como "néboa de radiación". Dáse habitualmente no inverno e en situacións anticiclónicas como a que estamos a gozar desde que comezou esta estación. O xiro de vento anticiclónico no sentido das agullas do reloxo provoca un movemento descendente coma o dun tirarrollas. A humidade da terra, ríos e regatos da zona atópase co aire frío e condensa. Pero ao haber pouco vento e co efecto do anticiclón queda retida moi preto da superficie da terra formando esa capa de néboa, que en ocasións é tan mesta que o sol non é quen de "quentala" e desfacela, por iso en días coma o sábado se mantivo todo o día enriba da Estrada e parroquias próximas.
O domingo pola mañá o sol quentou o suficiente a superficie, disipando as néboas. |
A néboa foi ascendendo desde o val do Liñares. |
Vista oculta da Estrada cuberta de néboa. |
A Somoza baixo a néboa. |
O domingo contra ás 12 do mediodía, a Estrada devestíase da néboa definitivamente. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario